Castellano
Galego
Inicio
Cursos
Formacions
Novas
Galerias
Prensa
Contacto

A asociación cultural Lembranzas da Ría fórmase en Cangas do Morrazo a finais do ano 1984, baixo a dirección de Xosé Menduíña Bastón. Nun principio xorde como un grupo parroquial que se adica especialmente a actividades culturais na comarca do Morrazo. Nos seus primeiros anos a asociación representa unhas coreografías aprendidas doutras agrupacións, pero o paso do tempo vai facer que os seus compoñentes acaden unha pequena inquietude sobre a nosa tradición. É deste xeito como nace dentro deles unha curiosidade e un interese por manter vivas as nosas raíces. Empréndese, entón, un traballo de campo baseado na recuperación de bailes, cántigas e músicas percorrendo as aldeas de toda Galicia, onde o baile e máis a música, xunto co traballo, formaban parte da vida diaria. Froito deste labor de campo é o repertorio que esta asociación pode mostrar ó público, intentando en todo momento plasmar da mellor maneira posible o aprendido polos seus informantes.

Dende o ano 1994 ata agora é un dos bailadores, Manolo Cobas, quen dirixe o grupo. No seus ensaios intenta que os alumnos cheguen a identificarse co baile para poderen logo expresarse mediante el.


O encargado de formar gaiteiros e cuartetos é Roberto Sotelo, que traballa cun repertorio maioritariamente tradicional. A finais do ano 2002 constitúese a formación de charanga.


Dende o ano 2006, a A.C. Lembranzas da Ría amplía a súa escola ofrecendo as actividades de gaita, percusión, pandeireta e canto e baile para maiores e pequenos. Este mesmo ano fórmase o grupo de pandereteiras da Asociación, que na actualidade están dirixidas por Carlos Álvarez. Desta escola tamén nace o grupo de baile infantil, dirixido por Miguel Sotelo.

Outeiro de Balea, 8 - Darbo 36949 Cangas do Morrazo [Pontevedra]
Teléfonos: +34 605 094 203 | +34 687 487 997 | +34 670 706 147
Nota LegalContacta
© 2007, Asociación Cultural Lembranzas da Ría
Subvencionado pola
Presidencia da Xunta de Galicia.
Secretaría Xeral de Política Lingüística