A asociación cultural Lembranzas da Ría oferta cursos anuais das actividades de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto.
Estes cursos van dirixidos a todas as persoas maiores de cinco anos que queiran aprender un pouco máis da cultura tradicional do noso pobo.
ACTIVIDADE |
NIVEL |
DÍA |
HORA |
|
Baile |
Iniciación |
Luns |
20.30 h.- 21.30 h. |
Pequenos |
Sábado |
16.00 h.- 17.00 h. |
17.00 h.- 18.00 h. |
Iniciación |
18.00 h.- 19.00 h. |
|||
Avanzado |
19.00 h.- 20.00 h. |
|||
Gaita |
Iniciación |
Xoves |
19.00 h. - 20.00 h. |
|
Avanzado |
20.15 h. - 21.15 h. |
|||
Perfeccionamento |
21.30 h. - 22.30 h. |
|||
Iniciación |
Sábado |
17.00 h. - 18.00 h. |
||
18.00 h. - 19:00 h. |
||||
Pandeireta e Canto |
Iniciación |
Venres |
19.00 h.- 20.00 h. |
|
20.00 h.- 21.00 h. |
||||
Pequenos |
Sábado |
10.00 h.- 11.00 h. |
||
11.00 h.- 12.00 h. |
||||
Avanzado Mulleres |
17.00 h. - 18.00 h. |
|||
Perfeccionamento |
18.00 h. - 19.00 h. |
|||
Avanzado Homes |
19.00 h. - 20.00 h. |
|||
Percusión |
Avanzado |
Venres |
20.00 h. - 21.00 h. |
|
Iniciación |
Sábado |
16.00 h. - 17.00 h. |
||
17.00 h. - 18.00 h. |
Estes horarios están suxeitos a posibles modificacións. Os horarios definitivos concretaranse cos alumnos na reunión informativa de apertura do curso, que terá lugar o día 11 de setembro ás 18h. no auditorio do local de ensaio de Cimadevila (San Pedro - Cangas do Morrazo).
Os cursos comezan o 15 de setembro e rematan o 25 de xuño. Os prezos por actividade son os seguintes:
Nº DE ACTIVIDADES |
MENSUALIDADE |
1 |
10 € |
2 |
17 € |
3 |
22 € |
Non se paga matrícula
Para matricularse nos cursos, descargue a ficha que se facilita a continuación e entréguea debidamente cuberta na Casa da Xuventude de Cangas (rúa Real), ou ben solicite alí mesmo unha ficha de inscrición, cubra os datos e entréguea.
Para máis información, póñase en contacto con nós.

BAILE: Miguel Sotelo e Manolo Cobas
Miguel Sotelo é membro da A.C. Lembranzas da Ría dende o 2003, onde se formou como bailador e músico. Máis tarde pasou a formar parte da A.C.F. O Fiadeiro e da compañía de música e danza GS21. Dende o 2007, é director de baile do grupo de danzas Ximalveira do Hío, Cangas. Tamén é membro fundador de Projecto ['trepia]. En 2009 comeza a impartir clases de baile na asociación cultural O Arco de Vilanova e entra a formar parte de Circio e do grupo de pandereteiros O Tear de Llerena. Imparte clases de baile tradicional nas aulas da asociación cultural Trepia.
Manolo Cobas é bailador e director artístico de Lembranzas da Ría. É membro da Asociación dende 1986 e fíxose cargo da súa dirección artística dende o 1994. Dende entón, imparte clases de baile e pandeireta en moitas outras agrupacións como Breogán de Moaña, Antoxo de Bueu, Lumieira de Coiro, Abertal da Rúa, Os Chaneiros de Marín, Fumarada de Domaio... amais en colexios. É creador e director de Circio. Tamén forma parte das compañías de música e danza Bruma e GS21. No campo da música, é membro de Fiandola dende 1996.
GAITA: Roberto Sotelo e Bea Malvido
Roberto Sotelo é membro da A.C. Lembranzas da Ría dende o 1989, onde nun principio participaba como percusionista e bailador. Máis tarde, e dun xeito autodidacta, formouse como gaiteiro, facéndose cargo da sección músico-instrumental a partir do 1999. É compoñente e director da charanga. Fundou o cuarteto tradicional Ludovaina. Actualmente imparte clases de gaita nos grupos Antoxo de Bueu e Pais de San Roque de Cangas.
Bea Malvido é membro da A.C. Lembranzas da Ría dende o 2006. Anteriormente formou parte do grupo folclórico Maruxía. Imparte a actividade extraescolar de música no colexio público de San Roque de Cangas dende o 2007 e a actividade de canto e pandeireta na asociación de mulleres A Ponte de Aldán dende o 2008.
PANDEIRETA E CANTO: Carlos Álvarez e María Santomé
Carlos Álvarez comezou a súa andaina como pandereteiro e bailador na A.C.R.D. Pardavila no ano 1995. En 1997 entrou no grupo folclórico Froles Novas. Un ano despois fundou o Grupo de Pandereteiras Lilaila e foi o seu director ata o 2007. No 2000 pasou a formar parte da A.C.F. O Fiadeiro, onde recibiu clases de canto e pandeireta e baile. Foi mestre de canto e pandeireta do grupo de Pandereteiras Malmequer de 2006 a 2008. Dende o 2007 é director e membro fundador do grupo de pandereteiras As Lagharteiras. Ao longo de todos estes anos vén impartindo clases de apoio a grupos de pandereteiras como A Xuntanza de Pazos de Borbén, Pandereteiras de Soutomaior, Veña que Vai de Cangas...
María Santomé iniciouse no mundo da pandeireta e do canto tradicional da man das pandereteiras Veña que Vai de Cangas. É pandereteira e bailadora da A.C. Lembranzas da Ría dende o 2006.
PERCUSIÓN: Sandro Sotelo
Sandro Sotelo é membro da A.C. Lembranzas da Ría dende o 1989, onde se formou como percusionista. Dende o 2007 amplía a súa formación recibindo clases de percusión de Emilio Pichel e Alberto Costas. Imparte a actividade de canto e pandeireta na asociación de mulleres A Ponte de Aldán dende o 2008. É membro fundador do cuarteto tradicional Ludovaina e membro de Fiandola dende o 2009.
