Castellano
Galego
Inicio
Historia
Cursos
Novas
Galerias
Prensa
Contacto

Manolo Cobas é a persoa que dirixe ó grupo dende 1994, baseándose para isto no traballo de campo que está a levar a cabo polas aldeas de toda Galicia dende 1990, sempre intentando manter a máxima fidelidade coa nosa tradición. Ó mesmo tempo, preténdese ter un repertorio variado no que os bailes son acompañados por pandereteiras, charanga, cuarteto tradicional ou gaiteiro solista, para deste xeito poder mostrar ó público un espectáculo con distintas maneiras de entender o baile.


Actualmente, o seu repertorio está formado por:

  • Chiqui-chiqui e jota de Muíños. Zas de Carreira. A Coruña.
  • Muiñeira da Silvela – Noceda. As Nogais. Os Ancares. Lugo.
  • Jota e Muiñeira de Forcarei. Pontevedra.
  • Ruada de Beariz. Ourense.
  • Jota de San Román de Cervantes. Os Ancares. Lugo.
  • Muiñeira de Padreiro de Castríz. San Salvador. Santa Comba. A Coruña.
  • Maneo de Silván. Erbecedo. Coristanco. A Coruña.
  • Jota e Muiñeira de Lourido. Covelo. Pontevedra.


O conxunto de bailadores está formado por 6 homes e 12 mulleres:

- Aida Carballo Fazanes - Luis Gallego Novas - Manolo Cobas Paredes - Montserrat Glez. Bermúdez
- Ana Vidal Antepazo - Laura Ferradanes Parada - María Iglesias Pena - Noelia Paz Fernández
- Breogán Budiño Menduíña - Lidia Piñeiro Pérez - María José García Santomé - Noelia Rodríguez Rubio
- Elisabet Bernardez Camaño - Luis Gallego Novas - Miguel Sotelo Vidal - Romina Bastón Cadabón
- Estela Martínez Martínez - Lucía Menduíña Turnes - Moisés Malvido Piñeiro

 

 


A charanga nace a finais do ano 2002 no seo da asociación cultural Lembranzas da Ría, dentro da sección de acompañamento músico-instrumental. Ata ese momento a música corría a cargo do cuarteto tradicional. Nun comezo adícanse só a acompañar á formación de baile, pero co paso do tempo son numerosos as festas e festivais que requiren a súa presencia para tocar. É así como se vai consolidando o cuarteto e, sobre todo, a charanga. O seu repertorio cubre unha hora de actuación.

O director é Roberto Sotelo, gaiteiro formado dentro da asociación dende o ano 1989 de xeito autodidacta. Para elaborar o seu repertorio nútrese das melodías recollidas, de cancioneiros ou incluso de pezas de autor.

O cuarteto tradicional está formado por dúas gaitas, tamboril e bombo, mentres que a charanga está formada por dúas ou tres gaitas, clarinete, acordeón, tamboril, bombo-chaston e pandeireta, así como o acompañamento de voces do grupo de pandereteiras nas pezas que así o requiren.


Compoñentes:

- Alba Malvido Malvido - Laureano Fdez. Iglesias - Nébeda Piñeiro Barros - Sandro Sotelo Vidal
- Bea Malvido Núñez - Manolo Cobas Paredes - Roberto Carlos Sotelo Vidal - Serafín Santos Lemos

 

 


O apartado de pandeireta ten os seus comezos sobre o curso 1988-89 e vai trocando tanto de compoñentes como de directores ata a súa desaparición no ano 1999. Xa no 2006, ábrese unha escola de canto e pandeireta e constitúese o actual grupo de pandereteiras.

O actual director é Carlos Álvarez, e o seu traballo baséase no ensino de cantigas populares froito do traballo de recolleita feito por el mesmo e pola A.C. Lembranzas da Ría.

É deste xeito como o grupo aprende os cantares dos distintos puntos de Galicia e as súas características, o que leva ás compoñentes do grupo a utilizar outros instrumentos de percusión ademáis da pandeireta, como poden ser a lata, as culleres, a botella de anís, a pandeira... así como o acompañamento de gaita e/ou acordeón cando así se precise.


Compoñentes:

- Eva Rodríguez Calvar - Nébeda Piñeiro Barros
- María José García Santomé - Noelia Paz Fernández

 

Outeiro de Balea, 8 - Darbo 36949 Cangas do Morrazo [Pontevedra]
Teléfonos: +34 605 094 203 | +34 687 487 997 | +34 670 706 147
Nota LegalContacta
© 2007, Asociación Cultural Lembranzas da Ría
Subvencionado pola
Presidencia da Xunta de Galicia.
Secretaría Xeral de Política Lingüística