A asociación cultural Lembranzas da Ría adícase á recuperación de bailes e músicas tradicionais. Isto faise posible gracias ó traballo de campo realizado polos seus compoñentes, ó cal se lle dá un carácter propio, mostrando diferentes xeitos de entender o baile e a música tradicionais.
No ano 2009 cúmprense 25 anos dende a creación da asociación cultural Lembranzas da Ría (1984-2009). Por este motivo, dende a Asociación quérese felicitar e dar as gracias a todas aquelas persoas que formaron parte do grupo ó longo deste lustro, xa que todos eles contribuíron a escribir a historia desta agrupación.
Para conmemorar este cuarto de século de vida, celebrouse unha gala XXV Aniversario no Auditorio Municipal de Cangas o domingo 11 de outubro de 2009, a partir das 20:00 horas. Nela participaron, ademais das actuais formacións da Asociación, antigos compoñentes do grupo que se mostraron interesados en colaborar nesta gran festa que supuxo o XXV Aniversario. Esta gala foi gravada e editada en dvd, contactade con nós se queredes ter a vosa copia.
Ó remate da Gala tivo lugar unha cea para todas aquelas persoas que nalgún momento formaron parte do grupo ó longo destes 25 anos.
Ademais, a asociación gravou un disco que leva por título Baila o son , e que inclúe 12 temas musicais interpretados polas diferentes formacións da Asociación. Se queredes un disco, tan só tendes que contactar con nós

 | [Sábado, 04 de Setembro do 2010 ás 22h. en Praza das Pontes (Cangas do Morrazo)] - [CELEBRADO] |
A asociación cultural Lembranzas da RÃa celebra o seu primeiro festival de baile e música tradicionais, e faino como peche ás Festas do Cristo de Cangas do Morrazo.
O Festival terá lugar na Praza das Pontes en Cangas (ao lado do concello, onde se fan todos os concertos do verán) e a data elixida será o sábado 4 de setembro ás 22h., ...
Cartel do I Festival de baile e música tradicionais LEMBRANZAS DA RÃA
 | [Domingo, 11 de Outubro do 2009 ás 20:00h. en Auditorio Municipal de Cangas] - [CELEBRADO] |
Na asociación cultural Lembranzas da RÃa estamos de aniversario, xa van 25 anos dende que iniciamos a nosa andaina. Con este motivo organizamos unha gala XXV Aniversario, que terá lugar o vindeiro domingo 11 de outubro ás 20:00h. no Auditorio Municipal de Cangas, á cal temos o pracer de convidarvos. A entrada é de balde.
Para t...
Cartel da gala XXV aniversario da A.C. Lembranzas da RÃa
 | [Venres, 26 de Xuño do 2009 ás 22:30h. en SalaSon (Cangas)] - [CELEBRADO] |
A charanga Lembranzas da RÃa dará un concerto o venres 26 de xuño no SalaSon, encadrado dentro do programa do Son de Cangas. Contarán coa colaboración das pandereteiras de Lembranzas da RÃa.
O concerto comeza ás 22:30 h. Ao remate haberá foliada.
Foto da charanga Lembranzas da RÃa ó remate dunha actuación en 2007.