Danza e Contradanza de Darbo

Ó redor do ano 1985 a Asociación, que por aquel entón era dirixida por Xosé Menduíña e Margarita Turnes, comezou o labor de recuperación da Danza e Contradanza de Darbo.

A procura de información comezou entrevistando ós veciños do lugar preguntándolles se se lembraban de dita Danza. Grazas a estes, deron cunha muller da Coruña chamada Antonia Martínez Seijas, coñecida como Choncha, que foi grazas ós seus recordos despois de asistir en diversas ocasións a Danza quen de indicarlle as bases da estructura. Este traballo, viuse complementado co estudo de diversos cancioneiros, como o de Casto Sampedro, no que aparecen recollidos as melodías da Danza e Contradanza

A Danza e Contradanza de Darbo, está dentro das denominadas Danzas Gremiais, datada de mediado s do século XVI e que se baila o 8 de Setembro en honor a Santa María.

Esta Danza consta de dúas partes, unha primeira máis lenta onde se van facendo unha serie de movementos coreográficos desprazando e cambiando as filas de lugar. A segunda a ritmo de muiñeira chámase Contradanza.

Báilase en tres filas, dúas laterais nos que bailan cinco homes en cada fila, chamados galáns, e unha central formada por mulleres chamadas Damas, o baile está dirixido polo Guía. O primeiro membro de cada fila denomínase contraguía.

Os primeiros anos despois de recuperar a Danza e Contradanza, como a maior parte de Damas e Galáns pertencían a A.C. Lembranzas da Ría, utilizábase para a representación o traxe tradicional galego utilizado polo grupo. Este traxe estaba composto para hos homes de pantalón, polainas, chaleco, faixa, camisa e cirolas, ademais de pendentes nas orellas. Mentres as mulleres utilizában enaguas brancas, camisa branca, mantón de cachemir, mandil, e un sombreiro adornado con flores. O Guía para diferencialo, levaba un mantón de Cachemir cruzado, e plumas no sombreiro.

Co paso dos anos, despois de investigar e analizar a similitude coas outras danzas da comarca do Morrazo, por exemplo a de San Roque do Hío e a De San Sebastián de Aldán, cambiouse a vestimenta dos homes, vestíndose con traxe de pantalón e chaleque cun chapeu na cabez.

No momento no que a organización da danza e contradanza se asentou, e adquiriu unha identidade propia dentro da parroquia, a A.C. Lembranzas da Ría decidiu desvincularse da organización, foi nese momento cando se creou a Asociación Cultural Da Danza e Contradanza de Darbo que é quen xestiona actualmente o evento.